Convocatoria Equipo Nacional Absoluto Fukuoka 2023

20230522_nat_paula_carla

A área de Natación e Augas Abertas RFEN Aquatics deu a coñecer os Equipos completos seleccionados para o Campionato do Mundo Absoluto Fukuoka-JPN 2023 que será do 20 ao 30 de Xullo en piscina de 50 m.

As nadadoras Galegas Paula Otero (CN Arteixo) e Carla Carrón, bolseira do CGTD (CN Ponteareas) están seleccionadas. Paula nadará 400 e 1.500 libre e Carla o relevo 4x200 libre.

Tamén se deu a coñecer o equipo que acudirá ao Campionato de Europa Sub23 Dublín-IRL do 11 ao 13 de agosto, no que se encontra o vigués Miguel Martínez (CN Canoe).

Convocatoria absoluta

Convocatoria Sub 23