Segunda Etapa do Mare Nostrum

20230519_nat_marenostrum

Bos resultados das nosas nadadoras despois de participar no Mare Nostrum que se disputou o 17 e 18 de maio en Barcelona.

Carla Carrón de CN Ponteareas e bolseira do CGTD, confirma a sua participación no Mundial Absoluto de Fukuoka no 4x200. No 400 libre obtivo un 8º posto, entrando na final A cun tempo de 4.14.54.

Ana Cernadas de C Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD, fixo moi boa actuación nadando preto das suas mellores marcas en 100 e 200 costas, meténdose na fina B en 200 costas.

Paula Otero de CN Arteixo, competiu para seguir coa preparación para o Mundial.

María de Valdés de CN Liceo, 6ª no 1500 libre, cun tempo de 16.41.58. María, participará esta fin de semana na Copa do Mundo World Aquatics en Golfo Aranci (Italia) con Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas.