Presentación do Campionato Galego de Augas Abertas

20230518_nat_presentacion2

Hoxe, nos xardíns da empresa Sestelo en Ponteareas presentaronse as diferentes competicións que o Club Natación Ponteareas organizará xunto coa Federación Galega de Natación durante os meses de verán en Ponteareas. O acto consistiu nunha charla distendida na que todos participaron. Ao finalizar houbo unha degustación do Queixo de Arzúa-Ulloa e rosquillas típicas de Ponteareas.

A primeira proba do XIX Circuito Arzúa-Ulloa de Augas Abertas será o sábado día 10 co Campionato Galego.

No acto estiveron, Óscar Pérez , Gerente del Consejo Regulador DOP Arzúa-Ulloa; Santiago Escudero, Vocal de natación da Federación Galega de Natación, María Nava Castro, Exdirectora de Turismo de Galicia; Cristina Fernández, Alcaldesa de Ponteareas; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte; Gorka Gómez, Deputado de deportes de la Diputación de Pontevedra; Miguel Bouzó, Concelleiro de Deportes de Ponteareas; e Andrés Carrera presidente e director técnico do Club Natación Ponteareas.

Tamén se presentou a travesía Vila do Tea que pertence ao Circuito.

20230518_nat_cartel_gallego_augasbertas