Segunda Etapa do Mare Nostrum

20230516_nat_ana_carla

Na segunda Etapa do Mare Nostrum que se disputará esta semana en Barcelona, participarán as bolseiras do CGTD, Carla Carrón (CN Ponteareas) e Ana Cernadas (C Fluvial Lugo) e tamén María de Valdés (CN Liceo).

Carla Carrón, busca asegurarse a praza no Mundial de Fukuoka e nadará 100, 200 e 400 libre.

Ana Cernadas, intentará facer a mínima do Europeo Sub 23 de Dublín, da que se quedou a pouco no CTO España Open. Nadará 50, 100 e 200 Costas.

María de Valdés, ten como obxetivo clasificarse para o Mundial no 1500 libre.