FEGAN - Aviso Legal.
Presentación Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Aguas Abertas
Esta mañá presentouse o XIX Circuíto Galego de Augas Abertas que organiza a Federación Galega de Natación e por segundo ano consecutivo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa patrocinará este circuíto e lle dará nome.
O Acto celebrouse nas instalacións da Secretaría Xeral para o Deporte en A Coruña.
Contou coa presencia de Carlos Touriño, Presidente da Federación Galega de Natación; José Luis Lamas, Presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa; Andrés Carrera Vogal de Augas Abertas da FEGAN e Roberto García, Xefe do Servizo Provincial de Deportes de A Coruña, e algún dos organizadores das distintas etapas.
O circuíto consta de 8 etapas. Terá premios de 2000 euros en metálico, trofeos, medallas e vales en materias deportivo. As probas estarán controladas polos xuíces do Comité Galego de Árbitros.