FEGAN - Aviso Legal.
Despois dos resultados obtidos no Campionato de España Open Absoluto e Júnior de Inverno, tres nadadoras galegas á cabeza do ranking nacional.
Paula Otero, do CN Arteixo, (salida do CGTD tras 4 tempadas, actualmente adestra no CAR de Barcelona) ten garantida a súa participación coa selección absoluta no Mundial de Fukuoka 2023.
Ademais, ao ser Campiona de España no OPEN en 1500, clasifícase automaticamente para nadar o relevo do campionato do mundo de Augas Abertas 4x1500.
Carla Carrón do CN Ponteareas (bolseira do CGTD) xa está clasificada para o Campionato do Mundo Júnior, o Campionato de Europa Júnior e o Campionato de Europa Sub23 e tamén ten as portas abertas para participar como integrante do 4x200 libre, xa que é a cuarta española no open nos 200 libre, no Mundial Absoluto de Fukuoka.
María de Valdés tentará clasificarse para o Campionato do Mundo de Augas Abertas en Cerdeña - Italia, (no que se clasificará a primeira española en chegar á meta e a segunda será a criterio da dirección técnica). Así mesmo, no Marenostrum tentará clasificarse para o mundial en 800 e 1500.
Destacar tamén o nadador galego, Miguel Martínez, actualmente integrante do Real Canoe (formado durante 3 tempadas no CGTD), as posibilidades que ten de entrar na lista dos seleccionados para a Sub-23 e intentar facer mínimas de acceso ao mundial no Marenostrum.