Paula Otero e Carla Carrón seleccionadas para Fukuoka e Dublín

20230404_nat_carla_paula

Unha vez disputado o primeiro campionato clasificatorio (Q1), Campionato de España Absoluto Open de Primavera, a Dirección do Equipo Nacional de Natación e Augas Abertas deu a coñecer a primeira listaxe de nadadores/as seleccionados para o Campionato do Mundo Absoluto World Aquatics Fukuoka 2023 (23-30 de xullo) e o Campionato de Europa Sub23 LEN Dublín 2023 (11-13 de agosto) os cales teñen confirmada a súa participación nos campionatos internacionais de referencia.

Equipo provisional CTO. do Mundo Absoluto World Aquatics Fukuoka 2023.

Equipo provisional CTO. de Europa Sub 23 LEN Dublín 2023.