Campionato de España de Natación Infantil de Inverno

20230312_nat_sergi_noa

Finaliza o Campionato de España Infantil con moi bos resultados para os nadadores galegos.

Sergi Navarro de CN Ferrol (bolseiro do CGTD), de novo bate mellor marca galega de 16 anos por segunda vez na xornada en 50 costas. Remata a final de 5º cun tempo de 28.04. Noa Borrazás de C.Casino La Coruña (bolseira do CGTD), tamén bate mellor marca galega de 15 anos en 50 costas con 31.25 na eliminatoria, quedando 8ª na final con 31.56.

Tamén entraron en finais:

50 costas feminino

Eva Martínez de CN Mos, 15ª con 32.05.

50 costas masculino.

Diego Suárez de C Casino de La Coruña (bolseiro do CGTD), 14º con 28.74.

Enrique Carballo de CN Pabellón Ourense, 15º con 28.78.

400 libre feminino.

Sofía Barros de CN Galaico, 4ª con 4.34.44.

200 estilos masculino.

Sergi Navarro de CN Ferrol, 10º con 2.13.77.

Yoel Faro de CN Ponteareas, 11º con 2.18.81.

200 libre feminino.

Sofía Barros de CN Galaico, 8ª con 2.15.24.

Enhorabuena a Sergi Navarro, que fixo mínima en 200 costas para participar co Equipo Nacional na FOJE (Festival Olímpico de la Juventud Europea) do 24 ao 28 de xulio en Maribor (Eslovenia).

Todos os resultados.