Visita do Presidente da RFEN a Ourense

20230308_nat_deputacion

O presidente da Real Federación Española de Natación, Fernando Carpena, xunto co presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, estiveron en Ourense para reunirse coa Deputación e O Concello de Ourense. Visitaron a piscina Rosario Dueñas, co fin de que poida converterse nun futuro próximo nunha sede para celebrar eventos do calendario oficial de competicións RFEN.

No encontro estiveron ademais dos presidentes das Federacións, Santiago Escudero, presidente do C.Natación Pabellón Ourense; Bernardino González, Asesor de Deportes da Diputación de Ourense; Aníbal Pereira, Asesor Alcaldía do Concello de Ourense e Jorge Encinas, Xerente do Consello Municipal de Deportes.

20230308_nat_piscina