FEGAN - Aviso Legal.
O Club Natación Sincro Ourense e a Federación Galega de Natación organizan esta fin de semana -4 e 5 de marzo-, en colaboración co Consello Municipal de Deportes e do Concello de Ourense, o Campionato Galego de Inverno Open, na piscina Rosario Dueñas.
Na presentación estiveron, Ramón Mosquera, secretario xeral da Federación Galega; Beatriz Montes, directora técnica do club; Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense e Lidia Queija, vicepresidenta do Club Sincro Ourense.
Participarán máis de 100 deportistas de 7 clubs galegos das categorías alevín, infantil, júnior, sénior e máster. As categorías alevín e infantil, competirán o sábado pola mañá en rutinas e en combo; as demáis categorías en en rutinas técnicas, libres e acrobáticas durante o sábado por la tarde e o domingo todo o día.