Campionato Galego Xuvenil de Wáter-polo

20230223_wat_presentacionwp

Hoxe, presentouse no centro Galego de Tecnificación o Campionato Galego Xuvenil de Wáter-polo das categorías feminina e masculina. Celebraráse ao longo do sábado 25 con varios partidos dende as 11:30 h. ata as 20:00 h. O evento está organizado pola Federación Galega de Natación (FEGAN) e polo CW Pontevedra.

Na presentación estiveron Enrique García entrenador e director técnico de CW Pontevedra; Iria Lamas, Deputada Provincial de Pontevedra e Jesús López, Director do CGTD.

Neste campionato está en xogo o pase aos campionatos de España desta categoría.

20230223_wat_cartelwp