Copa Promoción Natación Artistica

20230209_art_presentacion

Hoxe presentouse no Concello de Ourense, a II Xornada da Copa Promocion de Natación Artística das categorías Infantil - Junior que se vai celebrar na Piscina Rosario Dueñas de Ourense, este sábado 11 de febreiro.

A presentación acudiron Aníbal Pereira, Asesor deportivo do Concello de Ourense; Beatriz Montes, Directora Técnica do CN Sincro Ourense; Gonzálo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense e Lidia Queija, vicepresidenta do Club Sincro Ourense.

Este evento, organizado pola Federación Galega de Natación (FEGAN) e polo Club Sincro Ourense, xuntará un total de 109 nadadoras de 8 clubs da nosa comunidade: C. Náutico de Vigo, C. Galaico Sincro, C.N. Rías Baixas, C. Sincro Ferrol, C.N. Sincro Pontevedra, Sporting Casino, Aquamarina Sincro e as anfitrioas do C. Sincro Ourense.

A competición celebrarase en horario de tarde.

20230209_art_cartel