Campionato Galego Máster de Inverno OPEN

20230112_mas_presentacion

Hoxe presentouse no Concello de Ponteareas o Campionato Galego Máster de Inverno OPEN, que se celebrará en Ponteareas os videiros 14 e 15 de xaneiro, e contará cunha alta participación de nadadores. 423 participantes, de 32 clubs, tres de fora da comunidade.

Na presentación estiveron Andrés Carrera (Presidente do C.N. Ponteareas), Miguel Bouzó (Concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas), Cristina Fernández (Alcaldesa de Ponteareas), Gorka Gómez (Deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra) e Carlos Touriño (Presidente da Federación Galega de Natación).

20230112_mas_cartel