Supercopa Galega de Wáter-polo

20220928_wat_presentacion

Esta mañá tivo lugar a presentación ante os medios de comunicación no salón de Plenos do Concello da Supercopa Galega de Wáter-polo, que que se disputará esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Na presentación estiveron Carlos Bericat, representante da Xunta; Carlos Touriño, Presidente da FEGAN; Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense e Roberto Naranjo, adestrador do Club Waterpolo Pabellón Ourense.

O sábado, 1 de outubro, ás 18.30 horas terá lugar a final na categoría feminina absoluta, entre CW Pontevedra e CWC Rías Altas. O domingo, 2 de outubro, ás 11:30 horas será a final masculina, coa participación do CW Santiago e Pabellón Ourense.

Coincidindo con esta competición, tamén se desenvolverán dúas xornadas de tecnificación.

20220928_wat_cartel