Presentación da etapa final do Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas

20220915_aua_presentacion

Esta mañá fíxose a presentación no Auditorio Municipal de Ponteareas da etapa final do Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas, que este ano celebra a súa 18ª edición.

Na presentación estiveron Alberto Aliaga, Vicepresidente de CN Ponteareas; Andrés Carrera, Vocal de Augas Abertas da FEGAN; Cristina Fernández, Alcaldesa de Ponteareas e Miguel Bouzó, Concelleiro de Mocidade e Deportes de Ponteareas.

Esta etapa é a última das 9 realizadas, con ela se pecha o circuito e nela decidiránse os gañadores e gañadoras do mesmo. A proba será o vindeiro sábado 17, na praia fluvial de A Freixa, Ponteareas. As 10:00 horas dará comezo a primeira proba.

20220915_aua_cartel