Galicia fai brillar a España no Europeo de Roma

20220822_nat_maria_paula

Brillante actuación das nadadoras Maria de Valdés (C.N. Liceo) e Paula Otero (C.N. Arteixo), conseguindo ambas as mellores actuacións da natación española no Campionato de Europa de Natación.

Imperial a nadadora do Liceo, adestrada por Jesús de la Fuente no porto de Ostia, conseguindo o subcampeonato de Europa no 5k e o 4° posto nas remudas mixtas.

Bravisima a nadadora de Arteixo adestrada por Luisa Domínguez e Fernando Zarzosa no CGTD, sendo cuarta nos 1500 libres na piscina do Foro Itálico.

Ambas conseguiron os mellores resultados de representación española, Valdés en augas abertas e Otero na piscina, situando a Galicia como punta de lanza da natacion española.

Dende a FEGAN, transmitimos a nosa felicitación pública a ambas por terminar desta maneira unha tempada tan difícil, onde Maria tivo que superar unha complicada lesión e Paula sacou con brillantez os seus estudos de 2° de Bacharel no CGTD de Pontevedra.