Campionato de España Infantil de Wáter-Polo

20220623_wat_malaga

Do 23 ao 26 de xuño, disputarase en Málaga o Campionato de España Infantil de Wáter-polo Masculino e Feminino. Cabe destacar a participación en categoría feminina do Club Waterpolo Santiago, que nunha aposta polo waterpolo feminino participará no devandito campionato.

C.W. Santiago está encadrado no grupo D, fronte ao C.N. Askartza (venres 24 ás 15:00) e o C.W. Málaga (venres 24 ás 10:00), independentemente do resultado, o máis importante é a presenza dun club en categoría feminina.

En categoría masculina, o C.W. Pontevedra será o representante galego, encadrado no grupo J fronte ao C.W. Navarra (xoves 23 ás 19:00) e o C.N. Barcelona (xoves 23 ás 15:00). Estaremos moi atentos durante todas as xornadas, desexando que gocen e cumpran co obxectivo de formación que ten este campionato.