Cto. Galego de Natación Alevín de Verán

20220621_nat_presentacin_cervo

Onte, o Club Natación Xove fixo a presentación do Campionato Galego de Natación Alevín de veran na piscina Municipal de Cervo, ao acto asistiu Alfonso Villares (Alcalde de Cervo), Alberto Pigueiras (Presidente de C. Natación Xove), Ramón Mosquera (Secretario Xeral da FEGAN) e David Rodríguez (Concelleiro de Deportes de Cervo).

O Campionato contará coa participación de 24 clubs galegos e un total de 192 participantes. Dará comezo o vindeiro sábado 25 as 10:30h. a sesión de mañá e 17:00h. a sesión da tarde, o domingo a sesión de mañá será as 10:00 h. e a de tarde as 17:00 h.

20220621_nat_cartel_cervo