CW Pontevedra xogará o Torneo Internacional Polo Aquático Feminino

20220616_wat_tabuaco

Esta fin de semana o equipo feminino do CW Pontevedra participa por primeira vez nun torneo internacional.

O equipo, recentemente ascendido a 1ª Nacional Feminina, Club Waterpolo Pontevedra, disputará esta fin de semana en Tabuaco (Portugal), o I Torneo Internacional Polo Aquático Feminino, un torneo en forma de liga a ida-volta entre Portugal e Sudáfrica.

As mozas do club comezan a ser recoñecidas e este ascenso abre moitas portas para que o waterpolo galego, e máis concretamente o feminino, teña a oportunidade de desenvolverse a outro nivel.

Os horarios dos partidos do equipo galego serán o sábado 18 de xuño ás 11:00 fronte a Portugal, ás 16:30 contra Sudáfrica, e o domingo ás 10:00 fronte a Sudáfrica e as 13:00 fronte a Portugal.