Esta fin de semana varios nadadores do CGTD participaron no Trofeo Internacional Villa de Gijón invitados polo C. N. Santa Olaya, organizador do trofeo. Tamén participaron pero co seu club, o C. N. Ponteareas, RCN Vigo, C. N. Arteixo e C. N. Galaico con moita presencia nas finais conseguindo varios podios
Resaltar o Récord Galego do relevo 4x50 libres mixto formado por Antia García, Carla Carrón, Mario Méndez e Pablo Cabana que fixo un tempo de 1.42.63.
Na clasificación individual feminina por puntos FINA, as máis destacadas foron Paula Otero 5ª, Carla Carrón 6ª e Ana Cernadas 12ª. Na clasificación individual masculina, Mario Méndez no posto 11.
Por clubs, destacar o 5º posto de C. N. Ponteareas.