C. W. Pontevedra novo equipo de categoría nacional

20220515_wat_ponte

C. W. Pontevedra ascendeu a Primeira División Feminina despois de impoñerse con claridade nos dous partidos de fase de ascenso ao C. W. Murcia.

O pasado sábado xogaban en Marín rematando o partido cun 20-2 e onte en Murcia volvían a impoñerse cun 4-17.

C. W. Pontevedra convértese no primeiro club galego que xoga en categoría nacional feminina.

C. W. Santiago tamén xogou onte o segundo partido de volta polo ascenso, perdendo 10-8 ante EM El Olivar.