C. W. Santiago loita polo ascenso a Liga Nacional

20220505_wat_santiago

C. W. Santiago loitará polo ascenso a 2ª División Nacional. C. W. Estadio Miralbueno O Oliveiral de Zaragoza será o seu rival.

Xogarán dous partidos, o de ida o sábado 7 en Santiago as 15:00 e o de volta o sábado 14 de maio ás 16:30 en Zaragoza.

En caso de gañar a eliminatoria os santiagueses deberán enfrontarse na final tamén a sobre partido ao ganador do outro grupo no que haberá un triplo enfrontamento a unha soa volta entre o Urbat Vasco, o C. W. Murcia e o C. W. Ciutat de Palma de Mallorca.

C. W. Santiago acabou liderando na primeira volta da Liga Galega Absoluta de División de Honra e conseguiu este pasado sábado matematicamente o título de Liga.