Xornada 2 do XLI Cto. de España de Natación Infantil de Inverno

20220311_nat_cto_esp_inf_cadiz_serginavarro

Unha mellor marca galega e gran participación en finais dos nadadores galegos na segunda xornada do XLI Cto. de España de Natación Infantil de inverno.

Destacar a Sergi Navarro Losada de C. N. Ferrol que fixo mellor marca galega de 15 anos en 200 costas con 2:12,55 conseguindo un sétimo posto.

Outros nadadores en finais foron:

María Álvarez Pazos do C. N. Rias Baixas, posto 12 en 100 libre con 1:00.26

Nicolás Antón Ramos Pérez do C.N. Ferrol, noveno en 200 libre con 2:00.99

Sofía Mourenza Rocha do C. N. Portamiñá, posto 12 en 400 estilos con 5:18.01 e décima en 100 braza con 1:18.00

Yoel Faro Martínez do C. N. Ponteareas, posto 17 en 400 estilos con 4:59.95 e posto 15 en 100 braza con 1:10.71

Eva Sánchez Bello do C. N. Arteixo, novena en 200 costas con 2:27.82

Noa Borrazas Rodríguez do C.N. Culleredo, posto 14 en 200 costas con 2:28.61

Xoel Parcero Areoso do CDN Cidade de Santiago, posto 20 en 100 braza con 1:11.30

Web de resultados.