Carla Carrón Muiña convocada para o Meeting de Edimburgo

20220309_sel_carlacarron

A nadadora Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e bolseira do CGTD está convocada para participar co Equipo Nacional Absoluto de natación no Meeting Internacional de Edimburgo do 11 ó 13 de marzo.

Meeting importante e con moito nivel, preparatorio para o Cto. de España Absoluto que se celebrará en Málaga do 10 ao 13 de abril. As probas nas que participará son 400, 200 e 100 libre.