XIII Cto. España de Longa Distancia. Paula Otero Campioa Absoluta e Mario Méndez subcampión Júnior-2
O domingo disputouse en Barcelona o XIII Campionato de ESpaña de Longa Distancia en piscina con mui bos resultados dos nadadores de clubes galegos.
Paula Otero Fernández do C.N. Arteixo e bolseira do CGTD, proclamouse Campioa de España por partida doble ao vencer nas categorías Absoluta e tamén en categoría Júnior-2 na distancia de 5000 m libre.
Mario Méndez Puga do C.N. Vigo Rías Baixas e bolseiro do CGTD, proclamouse subcampión de España de 5000 m libre en categoría Júnior-2 (sexto en categoría absoluta).
Outros nadadores destacados foron:
Xoel Cubeiro Rosende do C.N. Liceo, sétimo en 3000 m libre de categoría infantil, Cristian Fernández Eva Pardo Chas do C.N. Ferrol foi oitava en 5000 m libre de categoría júnior-2 e Ana Pérez García-Picher do C.N. Galaico foi sétima de 5000 m libre sénior. Na clasificación por clubes, o C.N. Arteixo foi cuarto en categoría feminina e o C.N. Vigo Rías Baixas foi sétimo en categoría masculina.