Un grupo de 6 nadadoras de Natación Artística están desde hoxe e ate o día 5 de xaneiro nunha concentración en Ovar (Portugal).
Daniela Suárez Fernández, Nayeli Faro Expósito e Antía Riveiro Vázquez do C Galaico Sincro, Candela Pazo Montesinos, Paula Carballedo Pazo e Paula Alonso Rodríguez do RCN Vigo, adestrarán estes días baixo a dirección de Sandra Montes e coa colaboración de Diana Garrido adestradora do C Galaico Sincro.
Algunha das sesións serán en conxunto con nadadoras do Club Ovar Sincro.