Xornada 2 do Cto. Galego de Natación Absoluto de Inverno

20211229_nat_cto_gal_abso_inv_campioas_cat_fem

20211229_nat_trof_paula_carballido

O Club Natación Ponteareas proclámase campión galego feminino de inverno.

Dous récords galegos e tres mellores marcas galegas ó remate da segunda das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Absoluto de Inverno que se está a celebrar en Lugo na piscina do Club Fluvial do 28 ó 30 de decembro de 2021.

O Trofeo Paula Carballido na categoría feminina foi gañado por Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo pola proba 400 estilos cun tempo de 4:45.73 e 744 puntos

Récords galegos batidos:

  • Antía García Silva do do C. N. Galaico en 50 libre con 25.60.
  • Antía García Silva do do C. N. Galaico en 50 bolboreta con 27.81.

Mellores Marcas batidas

  • Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico MMG 16 anos en 200 costas con 2:17.92.
  • Sergi Navarro Losada do C. N. Ferrol MMG 14 anos en 100 costas con 1:00.93.
  • Martín Vázquez López do C. N. Portamiñá MMG 18 anos en 100 estilos con 57.26.

Encanto ás clasificacións por equipos:

Feminina: C. N. PONTEAREAS 534,00
Masculina: A. D. FOGAR 131,00
Total: C. N. PONTEAREAS 643,00

Ler máis.