Daniela Suárez Fernández está convocada para participar co Equipo Nacional Infantil nunha concentración do Plan Nacional de Tecnificación de Natación Artística, que terá lugar en Buitrago de Lozoya do 3 ao 6 de decembro, despois de superar as probas de selección ás que accedeu polo seu resultado durante Campionato de España de figuras.
A esta concentración tamén está convocada Sandra Montes, adestradora da sección de Natación Artística do CGTD como integrante do cadro técnico.