LXV Cto. España Absoluto. Xornada 1

20211125_nat_cto_esp_abs_carla

Carla Carrón, Campioa de España Absoluta en 400 libre.

A nadadora Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España absoluta na proba de 400 libre cun tempo de 4:07.55 establecendo unha nova Mellor Marca Galega de 16 anos.

Outros nadadores galegos destacados foron:

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD foi cuarta na proba de 400 libre con 4:08.95.

Martín Vázquez López do C. N. Portamiñá bateu a Mellor Marca Galega de 18 anos na proba de 100 bolboreta cun tempo de 55.59

Mario Méndez Puga do C. N. Rías Baixas e bolserio do CGTD acadou o décimo posto na proba de 1500 libre cun tempo de 15:29.59.

Acceso á web de resultados