Tecnificación RFEN Wáter-polo

20211111_wat_tec_01

A xornada do xoves foi un paso máis cara á normalidade do wáter-polo galego, cunha nova visita do Coordinador Nacional Antonio Aparicio, e ademais tivemos a oportunidade de contar coa presenza do Montenegrino Mirko Blazevic, adestrador de dilatada experiencia no ámbito internacional.

Primeiro tivo lugar un relatorio teórico para adestradores sobre fundamentos básicos, e posteriormente na auga continuouse coa parte práctica con deportistas de varios clubs galegos. Foi unha xornada moi positiva, dando síntomas da recuperación paulatina do wáter-polo galego.

Acudiron os adestradores Andrés e Isabel (C.W. Cambre); Javier (C.W. Pontevedra); David (R.C.N. Vigo); Marcos (C. W. C. Rías Altas); Uxía (C. W. Lugo); Roberto (C. W. P. Ourense); e Kike (FEGAN).

Respecto a deportistas acudiron Carlos, Yago e Sebastián (C. W. Santiago); Mateo, Juan e Sara (C. W. C. Rías Altas); Mateo, Rodrigo, Enrique, Álvaro e Mateo (C. W. Pontevedra); África e María (R.C.N. Vigo); Luís, Carla e Iker (C. M. Ferrol).

Grazas á colaboración de todas as seccións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra que nos facilitaron a realización da devandita xornada.