Tecnificación RFEN Wáter-polo

20211110_wat_tec_mirko

A xornada de mañá será un día especial para o Wáter-polo Galego na súa volta á normalidade, coa visita de Antonio Aparicio e Mirko Blazevic, prestixioso adestrador de Montenegro que leva vinculada toda unha vida ao wáter-polo. Esta xornada dentro do PNTD - WP formación da RFEN, levarase a cabo no CGTD de Pontevedra cun contido teórico para adestradores de 16:00 h a 18:00 h, e unha posta en práctica dos contidos con deportistas de 18:30 a 20:00. Os nosos técnicos terán a oportunidade de coñecer diferentes fundamentos e novidades do wáter-polo.