Tecnificación de Wáter-polo

20211108_wat_tecnificacion

Esta fin de semana tivo lugar a II Xornada de Tecnificacion de Waterpolo. O grupo masculino realizou pola mañá unha sesión con diferentes contidos técnicos co obxectivo de ir perfilando o grupo que se manterá estable para traballar nas seguintes tecnificacións.

O grupo feminino, ademais tamén contou cun amplo número de xogadoras alevíns dentro do plan de promoción.

Ambos grupos seguirán desenvolvendo o programa co obxectivo de definir as seleccións participantes no Campionato de España de Comunidades Autónomas.