Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD clasificouse para as semifinais da proba de 200 libre do Campionato de Europa Absoluto cunha marca de 1:59.57 nas eliminatorias matinais.
Na semifinal da tarde, acadou o posto 15.
Paula tamén participou nas eliminatorias da proba de remudas 4X50 libre mixto, no que acadaron o décimo posto.