I Torneo Luso-Galaico de Wáterpolo feminino. Xornada 2

20211011_wat_luso-galaico_fem_x2

A xornada do domingo pechou a primeira fase do I Torneo Wáter-polo Feminino Luso-Galaico, estando a fase final para o mes de xullo. Nesta segunda fase os resultados foron os seguintes:

- C. Fluvial Portuense 32 - 6 Lousada Séc XXI

- C. W. Pontevedra 7 - 17 C. Aquático Pacense

- C. W. Pontevedra 17 - 11 Lousada Séc XXI

- C. Fluvial Portuense 18 - 8 C. Aquático Pacense

Con estes resultados o Clube Fluvial Portuense queda primeiro de maneira provisional á espera da fase final. O Club Waterpolo Pontevedra, como representante galego, quedou en 3 posición. Para o equipo galego foi unha gran experiencia con 4 partidos en dous días.

Desde a Federación Galega de Natación queremos agradecer á Associaçao de Nataçao do Norte de Portugal a colaboración e o trato recibido.