I Torneo Luso-Galaico de Wáterpolo feminino. Xornada I

20211010_wat_luso-galaico_fem

A I Xornada do I Torneo Wáter-polo Feminino Luso-Galaico comezou onte na Piscina Municipal de Paços de Ferreira (Portugal), entre equipos da Associaçao de Nataçao do Norte de Portugal e a Federación Galega de Natación. Foi unha xornada moi produtiva, onde de momento o único representante galego, C.W. Pontevedra, tivo a oportunidade de medirse a rivais diferentes, o que fai que aumente a competición e a súa experiencia.

Os resultados foron os seguintes:

Clube Aquático Pacense 17 - 9 Lousada Séc XXI

Clube Fluvial Portuense 23 - 5 C. W. Pontevedra

Lousada Séc XXI 7 - 17 C. W. Pontevedra

Clube Aquático Pacense 8 - 17 Clube Fluvial Portuense

Para a xornada de hoxe domingo, disputaranse os 4 últimos partidos.