I Torneo Luso-Galaico de Wáterpolo feminino

Se a semana pasada foi importante para o wáter-polo galego ao estrearse no I Torneo Luso Galaico masculino, esta semana non será menos importante coa primeira participación feminina neste proxecto. O I Torneo Wáter-polo Feminino Luso-Galaico comezará na xornada do sábado, onte na Piscina Municipal de Paços de Ferreira (Portugal), entre equipos da Associaçao de Nataçao do Norte de Portugal e a Federación Galega de Natación. Nesta primeira ocasión, a pesar de que non participen todos os clubess por diferentes motivos, serán 4 os equipos participantes (3 de Portugal e 1 de Galicia), onde se disputará durante a fin de semana unha liga entre todos os equipos, e unha fase final, disputando cada equipo 4 partidos.

O representante galego é o Club Waterpolo Pontevedra, mentres que por parte de Portugal serán: Clube Aquatico Pacense, Lousada Séc. XXI e Clube Fluvial Portuense.