Formulario de actualización de datos de licenza


Preme aquí para descargar o formulario.


Envía só persoas de lotes procesados, é dicir de persoas que foran nos lotes dos que recibiches correo para formalizar a licenza. Inclúe na lista todas as persoas ás que lle falte (ou teñan mal) algún dos datos das columnas B á I


Cando abres o documento xa ves que indica que hai que cubrir todos os campos, menos nome e apelidos que só se cobren no caso de haber algunha corrección.

Verás que dentro do documento pon isto:

IMPORTANTE:

  • É OBRIGATORIO CUBRIR TODAS AS COLUMNAS DO «A» Ó «J» É OBRIGATORIO CUBRILAS. NON SE ACTUALIZARA A PERSOA NO CASO DE FALTAR ALGÚN DATO.
  • OS CAMPOS TIPO DE DOCUMENTO SÓ PODE TER ALGÚN DOS VALORES DE EXEMPLO, NO CASO DE TER OUTRO NON SE ACTUALIZARÁ A PERSOA.
  • CUBRIR TODO EN MAIÚSCULAS E COS CORRESPONDENTES ACENTOS (as letras maiúsculas deben acentuarse igual que as minúsculas).
  • NO CAMPO DNI/NIE/PASAPORTE POÑER SÓ NÚMEROS E LETRAS. NON POÑER NIN ESPAZOS, NIN GUIÓNS, NIN PUNTOS.
  • NON SE ACTUALIZARÁ A PERSOA NO CASO DE NON ATENDER AS INDICACIÓNS DE ARRIBA.
  • O nome e/ou apelidos deben cubrirse só no caso de necesitar corrixir algún destes datos.

O máis doado é irse á lista «En revisión» no LEVERADE e xerar un informe personalizado coas columnas requiridas, mira as que marquei na captura (a do Tipo de documento non sei porque non esta), logo unha vez descargado e aberto, sería copiar as columnas no formulario onde correspondan e finalmente corrixir os datos que corresponda. As filas que non requiran ningún cambio poden borrarse.

Descarga de datos LEV