I Torneo Luso-Galaico de Wáterpolo masculino. Xornada 2

20211004_wat_luso-galaico_2

A xornada do domingo pechou a primeira fase do I Torneo Wáter-polo Masculino Luso-Galaico, estando a fase final para o mes de xullo. Nesta segunda fase os resultados foron os seguintes:

- Club Waterpolo Pontevedra 6 - 20 Clube Fluvial Portuense

- Clube Aquático Pacense 12 - 3 Lousada Séc. XXI

- Foca Clube Nataçao de Felgueiras 12 - 3 Club Waterpolo Coruña Rías Altas

- Club Fluvial Portuense 14 - 19 Club Aquático Pacense

- Lousada Séc. XXI 1 - 8 Foca Clube Nataçao de Felgueiras

- Club Waterpolo Pontevedra 15 - 5 Club Waterpolo Coruña Rías Altas

Con estes resultados o Clube Aquático Pacense queda primeiro de maneira provisional á espera da fase final.

A vindeira semana será a quenda do torneo feminino, onde nesta ocasión só teremos un participante, o Club Waterpolo Pontevedra, pero nun futuro seguro que se unirán máis clubs.

Dende a Federación Galega de Natación queremos agradecer á Associaçao de Nataçao do Norte de Portugal o trato recibido, e en especial o detalle que tiveron gardando un minuto de silencio polo tráxico accidente que tivo unha consecuencia fatal para un deportista da nosa comunidade, Adrían García Pereira.