I Xornada de Tecnificación de Wáter-polo

20211003_wat_tec_fem

20211003_wat_tec_mas

Despois de case dous anos de inactividade no programa de tecnificación, a Federación Galega de Natación, a través da área de Wáter-polo, volveu a poder retomar a actividade, como se estaba facendo hai case dous anos.

Durante a xornada do sábado preto de 70 deportistas de categoría feminina e masculina puideron dar o comezo ao programa de tecnificación.

En canto á categoría masculina, preto de 40 deportistas realizaron as primeiras probas para as seguintes concentracións e en categoría feminina preto de 30 deportistas participaron pola tarde. A gran noticia é que cada vez podemos ir igualando o número de xogadoras o que significa que o wáter-polo feminino vai alcanzando o lugar que se merece dentro do noso deporte. Parabéns a todos/ as os/as wáter-polistas e que sigan traballando cos seus clubs.