I Torneo Luso-Galaico de Wáterpolo masculino. Xornada 1

20211003_wat_luso-galaico

Onte foi unha xornada importante no wáter-polo galego, coa primeira xornada dun proxecto que promete ser xerador dunha maior promoción do wáter-polo en Galicia. Despois duns anos tentando facer realidade unha colaboración co noso veciños de Portugal, por fin fíxose realidade. O I Torneo Wáter-polo Masculino Luso-Galaico comezou onte na Piscina Municipal de Felgueiras (Portugal), entre equipos da Associaçao de Nataçao do Norte de Portugal e a Federación Galega de Natación.

Nesta primeira ocasión, a pesar de que non puidesen participar todos os equipos por diferentes motivos, foron 6 os equipos participantes (4 de Portugal e 2 de Galicia), onde se disputará durante toda a fin de semana unha liga entre todos os equipos, disputando cada equipo 5 partidos. Os representantes galegos son o Club Waterpolo Coruña Rías Altas e o Club Waterpolo Pontevedra.

Os resultados de onte foron:

- Clube Aquatico Pacense 12 - 9 Club Waterpolo Pontevedra

- Club Waterpolo Coruña Rías Altas 20 - 7 Lousada Séc. XXI

- Foca Clube Nataçao de Felgueiras 5 - 23 Clube Fluvial Portuense

- Club Waterpolo Pontevedra 22 - 3 Lousada Séc. XXI

- Club Fluvial Portuense 20 - 10 Club Waterpolo Coruña Rías Altas

- Club Aquatico Pacense - Foca Clube Nataçao de Felgueiras

- Lousada Séc. XXI 3 - 27 Clube Fluvial Portuense

- Foca Clube Nataçao de Felgueiras 10 - 11 Club Waterpolo Pontevedra

- Club Waterpolo Coruña Rías Altas 3 -26 Clube Acuático Pacense