Iria Lemos na Copa COMEN de Augas Abertas

20210930_aua_iria_comen

A nadadora Iria Lemos Fernández do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD, participa esta fin de semana co Equipo Nacional infantil na Copa Mediterránea (COMEN) de Augas Abertas que se disputa en Larnaca (CYP).

Iria participa o sábado na proba individual de 5K, con opcións de participar tamén na proba de remuda mista 5K que se disputa domingo.

A esta competición tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador de natación do CGTD.