Paula Otero e Carmen Belén Villamar, premiadas na Gala RFEN 2021

Este vindeiro venres 1 de outubro a partir das 18:00 h vaise celebrar, en formato online, a Gala RFEN 2021 na que se premia a os integrantes máis destacados dos diferentes estamentos que forman a RFEN e na que vai haber representación galega entre os premiados.

A nadadora Paula Otero Fernández do C.N. Arteixo vai recibir a Medalla Extraordinaria ao Mérito Deportivo polos seus resultados obtidos en Campionatos de Europa Júnior: bronce nos 1500 libre no campionato de natación disputado en Roma e bronce na proba de remuda 5 Km misto do campionato de augas abertas disputado en Paris.

A árbitro de natación Carmen Belén Villamar Soto, membro do Comité Galego de Árbitros, recibirá a medalla en categoría de bronce aos servizos distinguidos no estamento arbitral.

Enlace para seguir a Gala