Cristian Fernandez, Campión da Copa de España de Augas Abertas

20210926_aua_copa_esp

O nadador Cristian Fernández Nieto do C. N. Galaico proclamouse Campión da Copa de España de Augas Abertas en categoría Élite masculina, despois da Etapa Final disputada hoxe en Málaga na que acadou o cuarto posto.

Ademais, na clasificación da Copa de España, Pablo Martín Novas do C. N. Galaico foi terceiro en categoría Júnior-1 masculina e Alicia Bouzas Pedreira do C.N. Galaico, terceira en categoría Júnior-1 feminina.

Na clasificación por clubes, o C. N. Galaico proclamouse subcampión.

Na Etapa Final disputada en Málaga destaca María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo que foi a vencedora da proba en categoría feminina.

Ademais na Etapa Final, Iria Lemos Fernández do C. N. Ponteareas foi terceira en categoría infantil e Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico foi terceira en categoría Júnior-1.

Acceso á web de resultados