Copa Galega Absoluta Feminina e Masculina de Wáter-polo

20210922_wp_copa_cartel

A fin de semana vaise disputar na piscina Rosario Dueñas de Ourense a Copa Galega Absoluta Feminina e Masculina de Wáter-polo.

A competición feminina vaise disputar o sábado en formato de liguiña entre os tres clubes participantes: C. W. Santiago, RCN Vigo e C. W. Pabellón Ourense.

A competición masculina na que participan C. W. Coruña Rías Altas, C. W. Santiago, C. W. Lugo, C. W. Pabellón Ourense, C. W. Pontevedra con equipos A e B e RCN Vigo tamén con equipos A e B, disputase en dúas xornadas. O sábado os encontros de cuartos de final e semifinais, e o domingo, ás 10:30 o partido polo terceiro e cuarto posto e ás 12:00, a final.