Paula Otero e Miguel Martínez, e o C. N. Ponteareas, Campións Galegos de Augas Abertas

20210920_aua_cto_gal

20210920_aua_cto_gal_master

O sábado disputouse en Castrelo de Miño o V Campionato Galego de Augas Abertas no que se proclamaron vencedores a nivel individual, Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e Miguel Martínez Novoa do RCN Vigo.

Na clasificación por clubes o C. N. Galaico proclamouse Campión en categoría masculina e o C. N. Ponteareas, campión en categoría feminina e total

.

Tamén se disputou o Campionato Máster, sendo o C. N. Ponteareas o gran dominador ao gañar as categorías feminina e total, mentres que na masculina o Campión foi o CDN Cidade de Santiago.