Cto. de España Absoluto e Júnior de verán. Xornada 4

20210806_nat_cto_esp_abs_05

Sete medallas de nadadoras de clubes galegos, un Récord do Campionato Júnior e tres Mellores Marcas Galegas nunha nova xornada de bos resultados no cuarto día do Campionato de España Absoluto e Júnior que se está a disputar en Las Palmas.

Paula Otero Fernández do C.N. Arteixo e bolseira do CGTD proclamouse Campioa de España Absoltua, sendo tamén Campioa Júnior (17 anos) na proba de 800 libre establecendo un por segunda vez o Récord do Campionato Júnior (xa o fixera na primeira xornada durante a proba de 1500 libre) con 8:35.48.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD foi terceira Absoluta e Campioa de España Júnior de 17 anos na proba de 200 costas batindo por dúas veces a Mellor Marca Galega con 2:16.00 en eliminatorias e de novo na final A absoluta con 2:15.78. Ademáis, Ana acadou outra medalla de prata na proba de 100 libre Júnior con un tempo de 57.98.

Carla Carrón Muiña do C.N. Arzúa e bolseira do CGTD proclamouse Campioa de España Júnior de 16 anos, e cuarta absoluta, en 800 libre con 8:47.73. Ademáis foi quinta en 100 libre Júnior con 58.31.

Alicia Bouzas Pedreira do C.N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira en 200 costas júnior de 16 anos con 2:21.58 igualando a MMG que tiña ela mesma.

Aroa Silva Fidalgo do C.N. Santa Olaya e bolseira do CGTD foi terceira en categoría Absoluto Mozo na proba de 800 libre con 9:01.43.

Outros resultados destacados de nadadores galegos que acadaron as finais foron:

Pablo Cabana del Amo do C.N. Ponteareas e bolseiro do CGTD foi noveno en 400 libre júnior de 17 anos con 4:08.50.

Brais Novo López do C.N. Portamiñá foi quinto en 200 braza Júnior de 18 anos con 2:26.91.

Rosalía Marín Martínez do C.N. Coruña e bolseira do CGTD foi cuarta en 200 costas Júnior de 17 anos con 2:18.03.

Acceso á web de resultados