Cto. de España Absoluto e Júnior de verán. Xornada 2

20210804_nat_cto_esp_abs_02

Seis medallas, un Récord Galego e unha Mellor Marca Galega na segunda xornada do Campionato de España Absoluto e Júnior de verán.

Ana Cernadas González do C Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD proclamouse Campioa de España Júnior de 17 anos en 100 costas e con un tempo de 1:03.85 nas eliminatorias establece un novo Récord Galego. Na final A absoluta acadou o sétimo posto.

Martín Vázquez López do C.N. Portamiñá foi medallista por partida doble en categoría júnior de 18 anos: terceiro en 50 libre con un tempo de 23.86 establecendo unha nova MMG. Ademáis foi segundo en 100 costas con 58.69.

Carla Carrón Muiña do C.N. Arzúa e bolseira do CGTD foi terceira en 50 libre júnior de 16 anos con un tempo de 27.16.

Pablo Cabana del Amo do C.N. Ponteareas e bolseiro do CGTD foi terceiro en 400 estilos júnior con 4:35.53.

Alicia Bouzas Pedreira do C.N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira en 400 estilos júnior de 16 anos con 5:02.17.

Ademáis, Rosalía Marín Martínez do C.N. Coruña e bolseira do CGTD foi cuarta en 100 costas júnior de 17 anos.

Acceso á web de resultados