FEGAN - Aviso Legal.
Unha nova medalla na derradeira xornada do XLI Campionato de España Infantil de Verán disputado en Sabadell.
Iria Lemos Fernández do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD acadou a súa terceira medalla, nesta ocasión de bronce na proba de 200 libre de 15 anos con un tempo de 2:05.44. Ademais foi cuarta en 100 bolboreta.
Outros nadadores finalistas foron:
Pablo Martín Novas do C. N. Galaico, sétimo en 400 libre de 16 anos.
Sofía Carballo González do C. N. Ponteareas foi quinta en 200 estilos de 15 anos.
Ander Gómez Tojo do C. Fluvial de Lugo foi cuarto en 200 estilos de 16 anos.
Lucía Villarnovo Pazos do C. N. Ferrol foi sexta en 800 libre de 13 anos.
Inés Mourenza Rocha do C. N. Portamiñá foi oitava en 800 libre de 14 anos.