Xornada 2 do Cto. España de Natación Infantil de Verán

20210721_nat_cto_esp_infa_02

Catro medallas e tres Mellores Marcas Galegas na segunda xornada do XLI Campionato de España Infantil de verán.

Sofía Carballo González do C. N. Ponteareas proclamouse Campioa de España en 100 braza de 15 anos con un tempo de 1:11.73 establecendo unha nova MMG 15 A.

Lucía Villarnovo Pazos do C. N. Ferrol foi segunda en 1500 libre de 13 anos con un tempo de 18:39.86, establecendo unha nova MMG 13 A.

Iria Lemos Fernández do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD foi segunda en 50 libre de 15 anos con unha marca de 27.32, establecendo unha nova MMG 15 A.

Gabriela Simón do C. N. Galaico foi segunda en 100 costas de 13 anos con 1:07.84.

Outros nadadores destacados que acadaron postos de finalista foron:

Ander Gómez Tojo do C. Fluvial de Lugo, sétimo en 400 estilos de 16 anos.

Carolina Pereiro Rodríguez do C. N. Mos foi novena en 100 braza de 13 anos.

Alba de la Fuente Álvarez do C. N. Pabellón Ourense foi oitava en 100 braza de 15 anos.

Manuel Pérez Lorenzo do C. N. Boiro foi quinto en 100 braza de 16 anos.

Acceso á web de resultados