O RCN Vigo no Campionato de España de Wáter-polo Cadete

O equipo do R. C. N. Vigo participa do 22 ao 25 de xullo en Elxe (Alicante) no Campionato de España de Wáter-polo Cadete Masculino. Neste Campionato participan un total de 20 clubes. Nunha primeira fase de grupos os días 22 e 23, o RCN Vigo terá como rivais no grupo A ao C. W. Jerez e ao Ciutat de Palma.